Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

XI Torneo de San Froilán de tenis de mesa terá lugar o próximo sábado

Por 5 Setembro, 2022Setembro 10th, 2022Sin comentarios

O Club Deportivo Dez Portas organiza a XI edición do Torneo de San Froilán de tenis de mesa que terá lugar o próximo sábado 10 de setembro.

O torneo reunirá a 95 deportistas de toda Galicia e Portugal e será válido e puntuable para o circuíto galego.

A Casa do Deporte na Avenida Infanta Elena serán as instalacións que acollan esta competición deportiva que dará comezo ás 9.30 e se disputará o longo de todo o día.

O torneo acolle categorías dende prebenxamin ata veteranos sendo unha cita deportiva para todas as idades.