Skip to main content
Lugo

A Biblioteca Intercentros acolle mañá unha charla sobre Juan Rof Codina

Por 20 Setembro, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O ciclo Apaixoad@s pola veterinaria terá unha charla mañá 21 de setembro a partir das 18.00 na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.

A charla será O primeiro influencer veterinario e estará impartida polo doutor en Veterinaria Diego Conde en homenaxe á figura e ao legado de Juan Rof Codina, nomeado Científico galego do ano 2002, por parte da Real Academia de Ciencias de Galicia (RAGC).

Ao remate desta charla, que se inclúe na programación promovida pola Real Academia de Ciencias de Galicia (RAGC), o público interesado poderá participar nunha visita comentada ao Fondo Rof, tal e como se denomina ao arquivo e a biblioteca persoal de Juan Rof Codina, que está depositado nas dependencias da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.