Skip to main content
Paradela

A Asociación de Mulleres de Paradela visitará o día 4 Padrón e Boiro

Por 2 Setembro, 2022Setembro 4th, 2022Sin comentarios

O colectivo que preside Rocío Domínguez Brea, ten programada para esta fin de semana de setembro, unha excursión na que visitarán os municipios coruñeses de Padrón e Boiro.

A Asociación de Mulleres de Paradela, fundada xa no ano 2010, segue a compartir inquietudes entre tódalas súas integrantes e continúan a realizar tarefas conxuntas que lles posibilitan formarse e crecer en tódolos ámbitos.

O seu programa de actividades abarca labores tan diversas coma asistir a clases de aeróbic, pilates, pintura, facer artesanía, excursións, visitas a distintas praias durante o verán.

Na actualidade son unhas 200 mulleres de Paradela as que forman parte do colectivo e espérase que este número vaia en aumento. Os traballos da Asociación de Mulleres de Paradela pódense ver expostos cada ano no centro sociocultural Manuel Oreste Rodríguez López, con motivo da celebración da Feira de San Isidro.