Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O museo do Castro de Viladonga acolle un curso de olería e prepara outro de tecido

Por 20 Setembro, 2022Sin comentarios

O Museo do Castro de Viladonga acollerá esta fin de semana un obradoiro sobre cerámica castrexa, que estará a cargo da oleira Sandra Obarrio.

As clases terán lugar o sábado e o domingo de 11.00 a 14.00 horas e participan no mesmo 15 persoas, que esgotaron as prazas dispoñibles en poucas horas despois da apertura de inscricións.

Por outra banda, tamén programan outro obradoiro de tecido na antigüidade, que estará a cargo de Miriam Fernández Otero. Este terá lugar o sábado 15 de outubro tamén no museo e o prazo de inscrición abrirase nos próximos días.