Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Contacontos en Guitiriz este xoves

Por 5 Setembro, 2022Setembro 8th, 2022Sin comentarios

Oqo Xeral trae a Guitiriz o obradoiro Os contos da leiteira o próximo 8 de setembro. Terá lugar na Casa Habanera ás 18:00 horas.

Nesta sesión, darase voz a historias de mulleres intrépidas e tímidas, loitadoras e soñadoras pero tamén á propia condición feminina, representada ás veces por animais que viven esas circunstancias.

Trátase de contos de heroínas, galiñas valentes, leóns amorosos ou galos fachendosos que nos farán gozar e concienciarnos para que a igualdade sexa unha realidade.

A actividade, promovida dentro do marco Ler conta moito de animación á lectura da Rede de Bibliotecas de Galicia, é de balde e está recomendada para a rapazada de 5 a 10 anos.