Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

O Cine na rúa chega ao CEIP de Parga

Por 15 Setembro, 2022Setembro 16th, 2022Sin comentarios

O ciclo de cine na rúa impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo continúa venres e sábado con catro novas proxeccións de películas en galego que arrancan en Parga.

Así este venres, a partir das 10.00 horas poderá verse no CEIP San Estevo de Parga a película Bella e o circo máximo.

Ella Bella e Henry son os mellores amigos do mundo. Xuntos decidiron montar un espectáculo de circo na súa pequena cidade, onde Ella Bella asombrará a todos cos seus números de maxia e a axuda de Henry. Pero entón chega Johnny, un neno novo na veciñanza, con xoguetes caros e unha bicicleta espectacular, cegando a Henry.

As novas datas continúan coa xeira de proxeccións que se ven desenvolvendo desde o pasado 15 de agosto coa colaboración de asociacións e concellos nas diferentes comarcas, e que chegará ás 40 sesións ao remate do ciclo.