Skip to main content
Guitiriz

Parganonsedivide mantén a convocatoria da manifestación para a repartura do centro médico

Por 17 Setembro, 2022Sin comentarios

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) retomará este mesmo mes de setembro a actividade asistencial, tanto de medicina de familia como de enfermería, no consultorio de Parga, situado no municipio lucense de Guitiriz. Así o avanzou onte ao colectivo Parganonsedivide, que ten convocada unha asemble e concentración para este domingo, que se mantén malia este anuncio.

A actividade permanece suspendida parcialmente desde o inicio da pandemia da covid-19, que obrigou a trasladar temporalmente parte das asistencias do consultorio de Parga ao centro de saúde de Guitiriz, “co fin de garantir unha atención segura tanto aos pacientes como aos profesionais deste centro sanitario”.

Unha vez chegada esta fase da pandemia e tralas protestas de varios colectivos, o Sergas, a través da xerencia da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, anunciou que tiña previsto recuperar ao longo deste mes de setembro a actividade asistencial, tanto de enfermería como de medicina de familia.

O consultorio de Parga contaba, aínda durante a pandemia, con atención de enfermería, informou Sanidade. Con todo, a atención médica tivo que trasladarse temporalmente ao centro de saúde de Guitiriz, “xa que o consultorio de Parga non reunía os requisitos establecidos no plan de continxencia para actuar contra a covid-19”.

CONCENTRACIÓN

A concentración prevista para mañá mantense polo tanto os veciños de Guitiriz regresan ás rúas para esixir ao Sergas a reapertura do centro médico de Parga tras máis de dous anos pechado, así como completa información de cando e como se vai producir esta reapertura.

A plataforma #PargaNonSeDivide convocou resta protesta para o domingo 18 de setembro ás 12:30 horas para facer visible o malestar da poboación. Ao tempo, anuncian que continúan co proceso de recollida de firmas “para entregar na xerencia do Sergas en Lugo” como medida de presión.