Skip to main content
Guitiriz

Xermolos abre o prazo de inscrición para a súa escola de baile e música tradicional

Por 25 Setembro, 2022Sin comentarios

O colectivo Xermolos mantén aberto o prazo de inscrición este mes para a Escola de Baile e Música Tradicional, que comezará en outubro as súas clases.

Lis Latas será o encargado de dirixir o apartado de baile tradicional, que terá clases os mércores en diferentes horarios. Así, de 18.00 a 19.00 horas haberá iniciación ao baile e percusión infantil. A seguinte hora será para inciiación e rematarán con perfeccionamento (de 21.00 a 22.00 horas).

Tamén o colectivo estrea o grupo de Cantos de Taberna, no que poderán participar as persoas que o desenxen co seu instrumento.

Do outro lado, as clases de pandeireta, percusións e canto estarán da man de Branca Villares, que dará clases os xoves. Comezará ás 18.00 horas co grupo infantil, para seguir unha hora máis tarde co de iniciación. Perfeccionamento será de 20.00 a 21.00 horas.

As persoas que desexen anotarse poden facelo no 608 589 012.