Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

O Iescha proxecta este sabado en Vilalba Cuñados

Por 14 Setembro, 2022Setembro 17th, 2022Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX Premios Mestre Mateo (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, tócalle o turno á película Cuñados, dirixida por Toño López.

A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 17 de setembro de 2022, ás 20:00 horas.

Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen atope a solución ao problema, secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os engañou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un euro polo seu cuñado. Así a todo, é o propio Modesto quien urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Eduardo, Sabonis e Modesto téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.