Skip to main content
Cervo

Saúde Mental A Mariña presentou o seu novo proxecto ‘Mentalización y Sensibilización’

Por 19 Outubro, 2022Sin comentarios

A Asociación Saúde Mental A Mariña presentou o seu novo proxecto Mentalización y Sensibilización en Salud Mental.

O obxectivo do proxecto é mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e as súas familias e minimizar o estigma que supón padecer unha enfermidade mental , así como abordar as adiccións como un factor de risco claro no inicio das mesmas.

Este proxecto ten dúas liñas de actuación a mentalización, na que hai que traballar coas persoas con Enfermidade Mental e os seus familiares e que xa se están realizando desde setembro grupos de psicoeducación específicos , grupos de familias, así como atención individualizada de persoas con Enfermidade Mental e as súas familias.

E a sensibilización, que está orientada a traballar cos alumnos e profesores de centros de educación infantil e primaria e institutos de ESO nas localidades de Cervo, Burela e Foz para normalizar a enfermidade mental, favorecer o seu coidado e eliminar o estigma e prexuízos existentes sobre as devanditas enfermidades.

Dende o colectivo queren agradecer especialmente a Susan Santos Morales, Responsable territorial da Fundación La Caixa en Galicia “por darnos a oportunidade de poñer en marcha este proxecto a través da Convocatoria Galicia 2022- Programa de Axudas a proxectos de iniciativas sociais da Fundación La Caixa. Dende o ámbito educativo, grazas a Carmen Castelao Directora do IES Monte Castelo por poñer en valor a importancia da saúde mental dende a infancia e dende o Concello, Meli Méndez e Pilar Armada, grazas por apoiar sempre os nosos proxectos, como ben decides: os 365 días do ano en contacto e a Lucas Requejo, o que xa denominamos agarimosamente: o noso contacontos”.

Non se quixeron esquecer “das psicólogas clínicas da Asociación: Sonia Nogueiras Orosa e Vanesa PM que serán peza fundamental para conseguir que o proxecto sexa un éxito. E como non podemos esquecer ao noso querido presidente Jorge Manchado Rivero, por poñer “maxia” a todo o que creamos”, remataron dicindo.