Skip to main content
Cervo

O Concello de Cervo adquiriu a finca anexa ao Museo do Mar

Por 28 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo materializou este venres a compra da finca anexa ao Museo Provincial do Mar por un valor de 161.175 euros, máis 2.520 euros en concepto de pago á persoa arrendataria da propiedade que se inclúe na compra.

Deste hoxe mesmo, polo tanto, esta parcela  situada en pleno centro de San Ciprián cuxa superficie total que é de 2.568  m² para a ser un ben municipal.

Tal e como declarou o rexedor, Alfonso Villares, “hoxe é un día importante para Cervo, porque conseguimos o obxectivo polo que levamos pelexando todos moitos anos”.

Con esta adquisición, o Concello de Cervo demostra con feitos -engadiu Villares- a súa firme aposta pola cultura e o patrimonio “porque entendemos que todo o ese inmenso legado patrimonial que agocha o Museo do Mar de San Ciprián, que atesoura o corazón da historia mariñeira da comarca, merece un espazo axeitado acorde á súa inmesa valía”. 

Con este paso tan importante que demos hoxe seguimos nese obxectivo de dignificar toda esa herdanza mariñeira que merece ocupar un lugar privilexiado para a súa divulgación, “tamén por respecto aos nosos antepasados e a toda esa xente que contribuíu a engrandecer o fondo documental e histórico do Museo, o museo público do mar máis antigo de Galicia.