Skip to main content
A Pontenova

A Escola de Teatro A Pontenova comeza o novo curso

Por 24 Outubro, 2022Sin comentarios

A Escola Municipal de Teatro A Pontenova comeza un novo curso de artes escénicas este outono. Así, o vindeiro 7 de novembro iniciarase na casa da cultura pontenovesa o novo obradoiro.

Será en horario de 20.30 a 22.30 horas e para inscribirse ou anotarse será necesario chamar ao 982 354 277 ou escribir un correo a correo.apontenova@fegamp.gal.

A Escola Municipal de Música da Pontenova deu comezo como proxecto no ano 2003 e ao longo de todo este tempo sufriu transformacións de toda índole, ata que por fin en 2007 deixou de ser un proxecto para converterse nunha realidade.

O curso 2008 – 2009 comezou con grandes expectativas e cambios visibles. O primeiro deles, e probablemente o máis importante, é que o número de alumnos matriculados aumentou considerablemente en comparación con anos anteriores. Dato importante a ter en conta xa que é habitual que co paso do tempo o número de matrículas descenda.

Doutra banda cabe dicir que o pasado curso contou cunhas novas instalacións, dotadas de todo tipo de material necesario: aire acondicionado, salas independentes, mobiliario, instrumentación, etc.