Skip to main content
Ribadeo

Deron comezo as clases de coro do Centro de Atención a Maiores de Ribadeo

Por 13 Outubro, 2022Sin comentarios

No Centro de Atención a Persoas Maiores deron comezo un ano máis as clases de coro, que se suman ao resto de actividades das que poden gozar as usuarias e usuarios da instalación. 

As clases son impartidas por unha profesora da Escola Municipal de Música de Ribadeo. 

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, explicou que “as clases de coro súmanse a outras actividades preparadas para as e os residentes do CAM. Hai pouco que se iniciou a musicoterapia e agora retomamos o coro. O que queremos é que os nosos maiores estean entretidos e activos”.

E engadiu que “as actividades que se desenvolven no CAM están pensadas tanto para as persoas dependentes como para as que son autónomas”.