Comezan as obras dunha nova senda costeira en Ribadeo

AMariñaXa
O Concello comezou coa senda costeira entre a praia de Rochas Brancas ata despois da depuradora nova de Vilaselán
nova senda costeira ribadeo
nova senda costeira ribadeo
28 oct 2022

O Concello está a crear unha senda costeira entre a praia de Rochas Brancas e a depuradora nova en Vilaselán e un treito mais en Piñeira, na zona de Areosa. Deste xeito procede a ampliar varios treitos do Camiño Natural do Cantábrico.

En total vaise actuar en 8,6 hectáreas nas zonas costeiras das parroquias de Vilaselán e Piñeira e ampliaremos en 1,7 quilómetros o Camiño do Cantábrico, posto que este sendeiro costeiro non estaba unificado xa que ás veces había que ir pola estrada asfaltada. Agora, o Concello creará unha senda costeira desde Rochas Brancas ata despois da depuradora nova de Vilaselán e un treito mais en Piñeira, na zona de Areosa. 

Para levar a cabo este proxecto solicitaron unha subvención de 77.370 euros á Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón. "Para iso levamos tempo traballando con técnicos municipais e con outros; e logramos compromisos de propietarios, que nos cederon voluntariamente superficies para que este proxecto tivera continuidade e facer esta senda costeira", din dende o Concello, "agora pretendemos darlle á cidadanía a posibilidade de descubrir este entorno, este lugar da costa que é marabilloso, dunha maneira accesible”. 

O alcalde ribadense engadiu: “foinos concedida unha axuda económica por sermos Reserva da Biosfera, e a través de fondos europeos, tramitada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural. A obra foi licitada e adxudicada á empresa Foresga”. 

Fernando Suárez subliñou que “é unha actuación moi importante e ambiciosa para a natureza, evidentemente, para o entorno de Ribadeo e para que a xente coñeza esta zona tan fermosa, que se suma ás que fixemos e ás que estamos a facer no noso Concello”.