Skip to main content
Axenda CaducadaO Valadouro

O Valadouro acollerá o II Torneo de Bridge

Por 13 Outubro, 2022Outubro 15th, 2022Sin comentarios

O hotel Vila do Val acollerá os días 14 e 15 de outubro o II Torneo de Bridge Valadouro. No evento participarán 38 parellas procedentes de Asturias, Cantabria, Castela-León, Galicia e Portugal. O torneo comezará a xogarse o venres ás 19:30 horas e continuará o sábado ás 17:30 ata a súa finalización sobre as 20:30 horas.

Está organizado polo Club Bridge Cidade de Lugo desde onde sinalan que “a finalidade é dar a coñecer a comarca da Mariña a través de bridge, así como este xogo que é universal”. Durante a mañá do sábado os asistentes farán unha visita á Torre do Mariscal Pardo de Cela, que será guiada por Jesús Pisón. E o domingo achegaranse ata a Basílica de San Martiño de Mondoñedo.

A directora do hotel Vila do Val, María Hermida, asegura que “estamos encantados de acoller por segunda vez este torneo, que servirá ademais para dar a coñecer a nosa riqueza paisaxística, cultural e gastronómica nunha época tan bonita como o outono na Mariña Lucense”.