Skip to main content
Axenda CaducadaBarreirosDeportes AMARIÑAXA

A IV carreira Ao Son do Masma de Barreiros inclúe andaina solidaria

Por 31 Outubro, 2022Novembro 1st, 2022Sin comentarios

Trala unha pandemia voltve a IV edición da carreira Ao Son do Masma, este ano cunha edición diferente e que está incluída dentro do circuíto +kmBarreiros e tamén pasa a ser unha carreira con andaina, ambas solidarias.

Todas as probas terán saída e chegada nas Escolas de Celeiro de Mariñaos, Barreiros o día 13 de novembro de 2022 a partir das 10.45 horas e ata a saída da andaina ás 12.30 horas.

Esta edición incorporase como novidade a acción solidaria na que unha parte da recaudación desta carreira irá destinada para a asociación APNED (Asociación de Pais de Nenos con Discapacidade) de Barreiros que fan unha labor de apoio as familias de nenos con diferentes discapacidades. A organización doará 1€ de cada inscrición.

O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 10 de novembro , na web www.maiskmsbarreiros.gal ou en  ww.championchipnorte.com.

A carreira está organizada polo Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros, unha asociación que nace no ano 2006 coa finalidade de dinamizar a vida cultural e social do municipio barreirense.