Skip to main content
Axenda Caducada

O programa Coidados porta a porta estará en Xove

Por 31 Outubro, 2022Novembro 8th, 2022Sin comentarios

O Concello de Xove acolle o programa Coidados porta a porta, a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Silman 97.

Este programa gratuito ofrece unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que percorrerán diferentes concellos do medio rural das 4 provincias galegas.

A unidade móbil dispón de acceso para persoas con mobilidade reducida e estará situada na praza do Concello, dende as 9 da mañá ata as 8 da tarde, en horario continúo, durante os días 3, 4, 7 e 8 de novembro.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os de audioloxía, consistente en revisión e valoración auditiva, o de podoloxía para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés como a eliminación de durezas, control de uñas; e o de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas que consiste na realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

As unidades móbiles dipoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida xa que conta con plataforma elevadora.