Skip to main content
Castroverde

Castroverde acolle unha xornada informativa sobre gandería ecolóxica

Por 24 Outubro, 2022Outubro 25th, 2022Sin comentarios

A Asociación para o Desenvolvemento da Produción Ecolóxica de Galicia (deproEco) levará a cabo unha xornada para coñecer a situación da gandería ecolóxica como alternativa, xornada dirixida tanto a produtores en convencional ou en ecolóxico como a aquelas persoas que queiran empezar a producir.

A cita será o próximo 3 de novembro no Colexio público (rúa dos nenos) en horario de 10.00 a 13.00

As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición no tfno: 698 956 453 ou no enderezo electrónico asociacion.dpe@gmail.com.