Skip to main content
Lugo

O PP pedirá no Concello e na Deputación que a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública se sitúe en Lugo

Por 14 Outubro, 2022Sin comentarios

A candidata á alcaldía de Lugo, acompañada do voceiro do Grupo Municipal Popular no Concello da capital, Ramón Carballo, e do voceiro do Grupo Provincial, Javier Castiñeira, anunciou  durante a visita realizada ao Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, situado na rúa Montevideo, que a formación que representa pedirá nos plenos municipal e provincial que a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública se sitúe en Lugo.

Deste xeito, os populares, con Candia á cabeza, continúan así demandando servizos que permitan impulsar socioeconomicamente a cidade. E é que, con este “traballo coordinado”, os populares seguen defendendo a candidatura para albergar esta Axencia que coordinará as accións de promoción de vida saudable e prevención de enfermidades de España.

Elena Candia manifestou publicamente o seu desexo por traer esta Axencia a Lugo “agardo que o socialistas no Concello e na Deputación apoien a iniciativa que lideramos e que non fagan coma sempre pois, no que afecta ao Goberno, o que fan sempre é priorizar a Sánchez antes que aos lucenses”.

Segundo os populares a Axencia pemitirá converter a Lugo nunha referencia nacional e internacional no deseño, implementación e avaliación de políticas públicas innovadoras no eido da saúde pública. Desempeñerá funcións nos ámbitos da vixilancia en saúde pública, en preparación e resposta fronte a futuras emerxencias, en asesoramento e avaliación, e comunicación de riscos para a saúde.

Ademais, a decisión de Elena Candia de liderar esta petición baséase en argumentos “de peso” como que na cidade de Lugo a Xunta de Galicia xa ten concentrado os seus esforzos en relación á saúde pública, a través da instalación aquí do Laboratorio Central de Saúde Pública de Galicia desde o ano 2014, e que é un referente en toda España no que se refire ao eido da seguridade alimentaria e a sanidade ambiental.

A popular tamén vincula a proposta de Lugo como sede da AESP ao esforzo inversor que o Goberno galego está a facer no barrio da Residencia coa construción do primeiro Centro Integral de Saúde.