Skip to main content
BurelaFozLugoMonforteRibadeo

‘O rosa é mais que unha cor’ é a nova campaña contra o cancro de mama

Por 19 Outubro, 2022Sin comentarios

A Asociación Española contra o Cancro, con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de Mama pon en marcha a campaña O rosa é máis que unha cor coa que se reivindica que o movemento rosa vai máis aló dun lazo ou un día marcado no ano. Detrás do rosa hai persoas, pacientes, familiares, coas súas necesidades, as súas preocupacións e as súas vivencias.

A asociación busca involucrar á sociedade nunha campaña que visibiliza o gran impacto social, laboral e emocional que provoca o cancro de mama, así como as desigualdades que agrava esta enfermidade, porque non todas son iguais fronte ao cancro de mama.

Con motivo deste Día Mundial que, cada ano ten lugar o 19 de outubro, a Asociación Española Contra o Cancro organiza diferentes actividades na provincia de Lugo. A praza Maior de Lugo acolle un acto institucional ás 12.00 e haberá unha concentración ás 12.00 no Concello de Foz. Tamén haberá iluminación en rosa de diferentes edificios emblemáticos na provincia de Lugo.

O sábado 22 de outubro ás 20.00 terá lugar un concerto solidario da Coral Polifónica de Ribadeo e o longo desta semana, ata o sábado, varios establecementos de Burela e Ribadeo contan con huchas rosas.

O domingo 23 de outubro os xardíns da Mosqueira acollerán un acto institucional ás 12.30 e haberá distrivución de plantas en varios puntos do centro histórico dende ás 11.00.

En Monforte de Lemos o domingo 23 haberá unha mesa informativa e distribución de plantas dende ás 10.00 ata ás 1400 na rúa Cardeal.