Skip to main content
Lugo

O Muralla RC celebra a IX Concentración de Escolas este sábado

Por 21 Outubro, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O próximo sábado 22 o club Muralla RC celebra a IX Concentración de Escolas e a ultima reunión transnacional do proxecto Smart Rugby. A IX Concentración de Escolas de Lugo terá lugar  de forma simultánea no Estadio Gregorio Pérez Rivera e no Campo de Santa Comba e o inicio do control de licencias dará comezo ás 10.30.

Os partidos darán comezo ás 11.00, durante os cales, se aplicarán as normas de xogo do rugby gradual que rixen na Federación Galega de Rugby. Nesta concentración participarán 13 clubes con un total de 325 xogadores de catro categorías diferentes e tras a competición tera lugar o habitual terceiro tempo no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Previo á celebración da IX Concentración de Escolas de Lugo, a partir das 9:00h os socios galegos, portugueses e rumanos do proxecto reunirse no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para celebrar a cuarta e última reunión transnacional do proxecto Smart Rugby. Este proxecto  é un proxecto colaborativo no que o Muralla RC participa como socio xunto coa Federación Galega de Rugby, Associação de Rugby do Norte (Portugal), ASC Rugby Cluj Junior (Romanía) e RFC Sumi XV (Cortegada,Ourense). O seu obxectivo principal é elaborar, desenvolver e poñer en marcha programas educativos en castelán e portugués a través do rugby como deporte de base para o desenvolvemento persoal, social e profesional dos menores de 12 anos.

O proxecto Smart Rugby chega á fase final e ese día levará a cabo a presentación da Guía Smart Rugby. O proxecto, que leva en marcha dende xaneiro de 2021 e remata en decembro deste ano e centrouse na investigación e desenvolvemento dunha ferramenta educacional para o desenvolvemento de habilidades personais e sociais de rapazas e rapaces menores de 12 anos a través do rugby.

No acto de presentación entregarase unha copia da Guía Smart Rugby a cada un dos clubes participantes e habilitarase unha carpa como espazo de información donde pais, profesores e adestradores poderán conversar e cambiar opinións cos membros do proxecto. A Guía SmartRugby estará dende o sábado dispoñible para a súa descarga a través dun QR na propia concentración e na web www.smartrugby.eu.