Skip to main content
Lugo

A entrega de instrumentos do Banco da Escola Municipal comezará a vindeira semana

Por 25 Outubro, 2022Sin comentarios

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que na vindeira semana comezarase a entrega de instrumentos pertencentes ao Banco de Instrumentos Escola Municipal de Música. Os préstamos durarán como máximo un ano e cada estudante só puido optar a un instrumento. Para a adxudicación dos instrumentos, tívose en conta a renda familiar,  ademais, o prazo de solicitude poderá abrirse varias veces cada ano.

“Trátase dun servizo para cubrir a demanda do alumando que non pode facer fronte á inversión que require un instrumento musical. Así garantimos a igualdade á hora acceder á iniciación no mundo da música de todas as persoas independentemente da súa capacidade económica”, indicou Maite Ferreiro.

O préstamo dos instrumentos  ten carácter temporal e as persoas beneficiarias deben devolvelos ao final de cada curso. 7 Clarinetes, 4 trombóns, 5 trompetas, 3 saxofóns, 1 fagot, 2 bombardinos, 1 tuba, 1 trompa, 1 gaita e 3 packs de percusión son os instrumentos que se entregarán a vindeira semana. Segundo indicou Maite Ferreiro, “cubríronse todas as solicitudes de instrumentos que se presentaron” e lembrou “esta foi, no seu día, unha iniciativa da Asociación de Usuarios da Escola de Música que imos a seguir potenciando polo interese da mesma”.