Xa está todo en marcha para que comecen as clases de xerontoximnasia en distintas parroquias do concello de Chantada coma Requeixo, Muradelle, Laxe, Brigos ou San Fiz.
A Concellería de Servizos Sociais vén de impulsar este tipo de actividades dentro do Programa de Avellentamento activo para maiores e persoas con diversidade funcional.
Aínda hai prazas dispoñibles e no caso de que alguén queira apuntarse, pode facelo chamando ao teléfono de Servizos Sociais: 982 46 22 99. Os horarios vixentes destes obradoiros gratuítos de xerontoximnasia que terán nas casas-escola das parroquias do concello de Chantada ata finais do mes de xuño de 2023 serán os seguintes:
Os martes de 11.15 a 12.15 horas impartiranse clases en Requeixo e de 12.20 horas a 13.20 en San Cristovo de Mauricios.
Os mércores será a quenda de Muradelle de 15.15 a 16.15 horas, San Vicente de Argozón de 16.20 a 17.20 horas, Laxe de 17.30 a 18.30 horas, Merlán de 18.45 a 19.45 e Brigos de 20.00 a 21.00 horas.
Os xoves as clases terán lugar en San Fiz de 11.15 a 12.15 horas e en Santa Cruz de Viana de 16.00 a 17.00 horas.
E os venres, as parroquias nas que terán lugar as clases serán Arcos de 11.00 a 12.00 horas, Sabadelle de 16.00 a 17.00 horas e Nogueira de 17.30 a 18.30 horas.