Skip to main content
Cervo

O Concello de Cervo mellora diferentes vías de comunicación das zonas de O Penido e Cuíña

Por 7 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo acomete estes días traballos de mellora e acondicionamento de diferentes arterias de comunicación das zonas de O Penido e Cuíña. 

O alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a delegada de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, achegáronse ata a zona xunto con Carmen Fernández, pedánea de Cuíña, para supervisar a actuación que se está a levar a cabo.

Tal e como explicou Villares o proxecto contempla a creación de cunetas de formigón para anchear as vías “o que permitirá circular con maior seguridade e facilitará a circulación dos vehículos pola estrada en ambas direccións”.

Levantarase, tamén, un muro de dique para a contención da estrada e estableceranse elementos de drenaxe feitos de formigón en masa.

Por outra banda executarase unha soleira de formigón para albergar os contedores e instalaranse dous suxeitacontedores de aceiro inoxidable.

O orzamento da actuación supera os 50.000 euros que correrán a cargo do remanente das arcas municipais.

Con esta obra –engade o rexedor- incrementamos as infraestruturas básicas nestes dous núcleos de poboación, mellorando a accesibilidade e a calidade de vida da veciñanza nesta zona rural do noso municipio.