Skip to main content
Cervo

As xornadas de Brincos de Lecer e de Charlando reciben unha gran participación da veciñanza en Cervo

Por 26 Abril, 2024Sin comentarios

O primeiro faladoiro do programa Arruguiñas no local da asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar, foi todo un éxito e logrou unha gran participación da veciñanza. A sesión, impartida pola traballadora social e coach, María José Novoa, e a psicóloga, Sonia Pigueiras, enfocada á Saúde Mental, resultou moi interesante e motivadora.

O martes 21 de maio organizan unha nova cita, a partir das 18.30 horas, de novo no local da asociación. Por outra banda, Cervo acolleu outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa, Dolores García Caramés, non se quixo perder.

Conmemoraron o Día do Libro elaborando marcapáxinas personalizados e a rexedora agasallou ás crianzas con diferentes exemplares “animándoos a practicar a lectura a diario, xa que é algo fundamental para o desenvolvemento persoal desde as idades máis novas”.