Skip to main content
Folgoso do Courel

O programa da Xunta Coidados Porta a Porta volve ao Courel

Por 7 Outubro, 2022Sin comentarios

Esta iniciativa que visita de novo o concello de Folgoso do Courel os días 14, 17 e 18 de outubro, busca levar servizos asistenciais ás persoas maiores do rural para a prevención da dependencia.

Ofrecerá na Praza do Concello consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a tódalas persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.

Estará dispoñible en horario de 09.00 a 20.00 horas.

Un autobús con profesionais de cada unha das especialidades permanecerá nesta localización durante os días 14, 17 e 18 deste mes para poder atender a tódolos asistentes.

Pódese solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992 ou ben enviar un correo electrónico ao enderezo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal