Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón desfrutará dunha cata de viño organizada por E Para Comer, Lugo

Por 14 Outubro, 2022Outubro 17th, 2022Sin comentarios

O vindeiro mércores 19 de outubro celebrarase no concello da Pobra do Brollón unha cata do Instituto Galego do Viño organizada por E Para Comer, Lugo.

Terá lugar na Vella Taberna, situada na avenida de Galicia número 48, en horario de 17.00 a 19.30 horas e para asistir será necesario apuntarse previamente na seguinte ligazón https://apehl.org/es/formacion/curso-23

A cata de viño estará impartida polo director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas.

III Encontro Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño

Esta cata forma parte do III Encontro Gastronómico e Cultural …E para comer: Lugo no Camiño, unha iniciativa levada a cabo pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).

Este proxecto forma parte do programa O Teu Xacobeo e conta entre outras actividades con obradoiros para nenos e varias degustacións de cociña con produtos de proximidade a cargo de cociñeiros.

Como complemento a estes encontros, terán lugar as nomeadas catas …E para comer: Lugo no Camiño, que serán impartidas polo Instituto Galego do Viño en cinco localizacións da provincia: Samos o día 18 de outubro, A Pobra do Brollón o 19, Sober o 20, Barreiros o 25 de outubro e Palas de Rei o día 26.