Skip to main content
Láncara

O Muvicla acollerá unha xornada sobre alternativas ó uso do petróleo en aplicacións agrícolas

Por 28 Outubro, 2022Outubro 30th, 2022Sin comentarios

O vindeiro mércores 2 de novembro terá lugar no Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla) a segunda xornada sobre as alternativas ó uso do petróleo en aplicacións agrícolas.

O Muvicla está integrado nunha casa de labranza tradicional galega con máis de 200 anos de antigüidade onde se producen alimentos para o mercado e o autoconsumo. É será a sede escollida o mércores para a celebración desta xornada que terá lugar ás 10.00 horas.

Comezará ás 10.45 horas coa presentación Os tractores e o futuro, coa intervención de Marcos Vázquez director do Muvicla. Logo dunha pausa para o café cunha interpretación musical en directo, será a quenda das conferencias.

Nun primeiro lugar a das Alternativas ó us do petróleo en aplicacións agrícolas da man do profesor titular de Economía Aplicada da USC Xoán Ramón Doldán García e a continuación, ás 12.00 horas, a de Tracción animal no século XXI: desafíos, ameazas e oportunidades impartida por Joao Brandao Rodrígues.

Ás 12.30 horas terá lugar unha visita guiada polas instalacións do museo e posteriormente, unha comida nas propias instalacións.

Ás 16.00 horas desenvolverase unha mesa redonda baixo o nome Agricultura e alimentación, con que enerxía? e na que participarán técnicos en xestión medioambiental, labregos, o xerente do GDR ou o director da revista Vaca Pinta.

Para acudir é necesaria inscrición previa que se poderá realizar mediante o perfil en redes socias do Muvicla ou enviando unha mensaxe ó correo electrónico vazqueztrasliste@hotmail.com

A xornada finalizará coa interpretación musical Airiños Aires da man de Marcos Vázquez Marey á gaita e Brais Vázquez Bande á percusión.