Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Castro de Rei instala dous parques biosaudables nas parroquias de Ludrio e Dumpin 

Por 15 Outubro, 2022Outubro 16th, 2022Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei está a instalar dous parques de elementos biosaludables nas parroquias de Ludrio e Dumpin. 

Ámbalas dúas actuacións foron subvencionadas ó abeiro da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, convocatoria (2021-2022) da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural con un orzamento de 35.000 euros (incluidos honorarios de redacción de proxecto) dos que 29.789 euros proceden da achega da Xunta e a cantidade restante de fondos propios do Concello de Castro de Rei. 

A actuación, que se ubica en 2 fincas de titularidade municipal, nas parroquias de Ludrio e Dumpín, consistiu na instalación de 8 elementos en cada unha das parcelas, colocados sobre unha zona pavimentada na que se destaca a súa impermeabilidade e o seu aspecto natural o que evita o encharcamento do chan nas zonas de práctica de exercicios, empregando un diseño en concordancia co espazo da zona verde de cada parcela coa finalidade de lograr unha distribución homoxénea e un percorrido ideal para o seu uso e disfrute. No caso de Dumpín optouse por facer un trazado agrupado entre os elementos e o pavimento de lousas que dá acceso á escola, en tanto que na parcela de Ludrio proxectouse un trazado cíclico acorde co entorno da parcela e adaptado á pendente do terreo. 

Esta actuación súmase a outras 5 realizadas en anos anteriores que permitiron instalar parques de elementos biosaudables en Castro de Rei, Castro Riberiras de Lea, Ponte de Outeiro, Pacios e San Xiao de Mos. Dende o Concello optouse por instalar este tipo de elementos coa finalidade de que os veciños e veciñas das respectivas zonas poidan realizar un exercicio físico completo adaptado e seguro, facilitando a realización de exercicios dinámicos e realizando exercicios saudables para a saúde cardiovascular das persoas maiores, así como a mellora da flexibilidade e mobilidade articular.