Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A caída dunha árbore polo vento destroza o Peto das Ánimas de Balmonte

Por 25 Outubro, 2022Sin comentarios

As fortes rachas de vento da Borrasca Beatrice, arrasaron na súa totalidade o peto de ánimas de Balmonte, ao tirar o vento unha árbore de grandes dimensións situada nas inmediacións do monumento, provocando o levantamento do mesmo e a súa destrucción total.

O peto de ánimas de Balmonte, situado nas inmediacións do Cemiterio Parroquial, era un elemento de culto moi antigo, estaba construído con laxas de pizarra e con forma de altar, rematado en tres pingantes de granito, sendo unha manifestación material moi antigua de rendir culto aos mortos e expresar dalgunha maneira a devoción relixiosa, e tamén constituía unha mostra da arquitectura e arte popular moi representativa da crenza e devoción para as xentes da zona. No Concello de Castro de Rei, era o máis importante dos dous que se conservan, xunto co de Dumpín “polo que este suceso foi unha grande perda”, di o alcalde, Francisco Balado.

Dende o Concello pediremos á Deputación Provincial de Lugo que acometa as labores de restauración do mesmo, xa que a última intervención levada a cabo nel, tramitouse cun convenio de colaboración entre o Centrad e o Bispado de Mondoñedo-Ferrol, no ano 2014 a través dos restauradores do Museo Provincial, polo que “dende o Concello queremos que se rehabilite na súa totalidade para evitar a súa perda como elemento patrimonial e relixioso”, din.