Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Muimenta contará o domingo con teatro de títeres

Por 24 Outubro, 2022Outubro 30th, 2022Sin comentarios

O circuíto de teatro profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega esta fin de semana a Muimenta coa representación da obra O Vixiante dos Soños, a cargo de Ubu Teatro.

Será o domingo 30 na casa da cultura de Muimenta a partir das 17.00 horas organizado pola Asociación Aquilino Iglesia Alvariño. Trátase de teatro con monicreque para público familiar a partir de 3 anos.

Sonólicus quere chegar á lúa desde pequeno. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas amoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa, que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte para sempre no vixiante do sono e dos soños infantís.