Skip to main content
Guitiriz

Lareira de Soños interésase polo estado da licitación da restauración dos frescos dos Vilares

Por 24 Outubro, 2022Outubro 25th, 2022Sin comentarios

A asociación Lareira de Soños continúa esperando o inicio dos traballos de restauración dos frescos da igrexa das Vilares “tal e como se aprobara hai catro anos pola Comisión de Cultura do Parlamento Galego”. Dilatouse a primeira sesión, que foi a reunión das partes (Igrexa, Concello e Deputación de Lugo) coa Xunta de Galicia para ver o xeito de iniciar o proceso de recuperación destas pinturas ao fresco do século XVI.

Coa licitación en marcha tras catro anos de xestión, a Lareira de soños enviou unha carta á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia preguntando polo estado da licitación da restauración das pinturas murais da igrexa de San Vicente dos Vilares que leva varios meses agardando pola resolución.

“Preguntamos tamén polos prazos previstos para o comenzo dos traballos, a empresa seleccionada e as previsións de remate dunha actuación que levamos anos reclamando e alertando do seu estado de deterioro”, indican.

Os frescos dos Vilares data. Do século XVI e Son unha importante obra pictórica.

Estas obras fanse polo acordo que intenta avaliar o estudo técnico en proceso de elaboración unha vez rematado, para estudar tanto o estado de conservación dos frescos situados nas igrexas parroquiais dos Vilares e Labrada e as medidas a adoptar para frear o seu deterioro e garantir a súa conservación, e abrir un espazo de diálogo co Arzobispado, o Concello de Guitiriz e a Deputación de Lugo para acometer as actuacións de consolidación e restauración que sexan precisas.

A asociación, instigadora dese restauración asegura que “os frescos dos Vilares pasaron a formar parte da listaxe da vergoña, a Lista Roja del Patrimonio do Estado dos bens patrimoniais con alto risco de desaparición”, tal e como foi comunicado á asociación polo comité científico da Asociación Hispania Nostra, responsable da avaliación do estado do patrimonio no Estado.

Os frescos, descubertos nunhas obras de mellora da igrexa en 1991 sendo párroco o actual deán da catedral de Compostela Segundo Pérez, levan 27 anos sen ningún tipo de actuación para a súa protección, co paulatino deterioro polas humidades, o paso do tempo, os rozamentos dos bancos da igrexa etc…

O profesor Monterroso Montero realizou un exaustivo estudo en 1992 que serviu de base para posteriores investigacións destas obras de arte por parte de historiadores e restauradores. Da autoría dos Mestres de Parga e de Nogueira, os catro murais da nave máis antiga da igrexa representan paisaxes, a imposición da casulla de San Ildefonso (temática única en Galiza), o enterro co conde Orgaz e o Cristo Matamouros. Un conxunto pictórico único e de alta calidade artística segundo os expertos.