Skip to main content
Guitiriz

Cortan a estrada de Becín a Mariz en Guitiriz por un afundimento

Por 28 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz cortou o tráfico rodado nos dous sentidos de circulación na estrada que vai de Becín a Mariz, entre os núcleos de Abelendro e Montemeá, en Guitiriz.

Só se permite o paso de turismos e non poden circular vehículos de máis de 3.500 quilogramos polo risco que hai de que aumento o afundimento.

O motivo é porque afundiu parcialmente unha canalización que cruza a vía e a situación que xera pon en perigo o paso por este lugar.

A vía estará pechada ata que se levan a cabo os arranxos necesarios, xa que esta vía estaba dentro dun plan de mellora.