Skip to main content
Meira

A subdelegada do Goberno analiza co alcalde as principais necesidades de Meira

Por 22 Outubro, 2022Outubro 23rd, 2022Sin comentarios

Abordaron o proxecto de mellora para a estrada N-640 ao seu paso polo concello. Trátase da rehabilitación e ampliación dunha ponte sobre o río Miño, situada no punto quilométrico 59 de dita estrada.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reuniuse este venres co alcalde de Meira, Antonio de Dios Álvarez, co que repasou as principais necesidades deste municipio capital de comarca.

No encontro celebrado na Subdelegación do Goberno, Isabel Rodríguez e Antonio de Dios tamén analizaron as posibilidades de colaboración en distintas materias entre as dúas administracións e abordaron temas referidos a seguridade.

A subdelegada tamén abordou co alcalde de Meira un proxecto de mellora para a estrada N-640 ao seu paso por este municipio. Trátase da rehabilitación e ampliación dunha ponte sobre o río Miño, situada no punto quilométrico 59 de dita estrada. Isabel Rodríguez reiterou o compromiso do Goberno con estas actuacións e trasladoulle ao alcalde que a unidade de Estradas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ten en redacción o proxecto e estudará a realización dalgunhas melloras na zona solicitadas na reunión polo rexedor municipal.

Ademais, a subdelegada e o alcalde acordaron planificar a próxima convocatoria da Xunta Local de Seguridade Cidadá do concello.