Skip to main content
Muras

Pecha o prazo para anotarse ás actividades socioculturais de Muras

Por 14 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Muras presenta este ano unha serie de actividades socioculturais para desenvolver a partir do día 24 de outubro e para as que o prazo de inscrición remata hoxe, venres 14.

Así, durante todo o resto do ano escolar habeá zumba os luns, a partir das 19.30 horas no local social. Os martes será a vez de pilates na casa escola da Balsa ás 18.00 horas e ás 19.30 no local social de Muras, e o mércores haberá manualidades na Casa do Médico a partir das 19.30 horas.

Completarán a semana as clases de pandeireta e baile os xoves ás 18.oo horas na Casa do Médico e o obradoiro de Memoria, os venres ás 16.30 horas no mesmo lugar.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo no teléfono 982 500 001.

Finalmente, os sábados, tamén ás 16.00 horas na Casa do Médico haberá actividade de teatro.