Skip to main content
Vilalba

Trasladan as árbores da Pravia á zona verde fronte o cemiterio

Por 12 Outubro, 2022Outubro 13th, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba realiza estes días o traslado das árbores que había na rúa da Pravia para crear un pequeno bosque no polígono industrial, nun espazo fronte ao cemiterio municipal.

Unha empresa especializada neste tipo de actuacións realiza o traslado das 20 árbores, da especie Photonia Glabra e de folla perenne.

O proxecto de remodelación da rúa da Pravia inclúe a plantación de árbores de folla caduca, máis adecuadas ao espazo urbano.

“Respectamos cada árbore e o que facemos é buscarlle unha nova ubicación, creando un novo espazo verde e de lecer”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.