Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Comeza en Vilalba unha campaña do comercio con reparto de premios

Por 14 Outubro, 2022Outubro 21st, 2022Sin comentarios

Mercar no comercio de Vilalba entre o 17 e o 21 de outubro ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros para seguir mercando no comercio desta vila.

A Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración da Asociación de Empresarios Sete Pontes poñen en marcha a campaña de dinamización “Mercar no teu comercio ten premio”.

Así, todos os clientes de Vilalba que realicen compras no comercio de proximidade entre o 17 e o 21 de outubro, poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios. Este sorteo terá lugar o venres, 21 de outubro, ás 13.30 horas na Praza da Constitución/Alameda. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 10.00 horas nesta mesma ubicación.

A campaña Mercar no teu comercio ten premio, busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade celebrarase entre outubro e novembro nun total de 11 localidades da provincia.