Skip to main content
Vilalba

Organizan cursos en Sancovade de ioga, costura e música

Por 22 Outubro, 2022Sin comentarios

A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade en Vilalba inicia en novembro tres cursos dirixidos á veciñanza e para os que a inscrición remata o 28 de outubro. A duración prolongarase ata o mes de maio.

Así, haberá clases de iniciación ao corte e confección aberto á participación a partir dos dez anos. Será os sábados de 17.00 a 19.00 horas con un prezo de 18 euros para os socios e 23 para os non social. A encargada da cormación será Carmen Maceira e comezará o 12 de novembro.

Andrea Méndez será a encargada da formación en gaita e pandeireta, curso dirixiso a nenos dende os 6 anos e adultos que se impartirá os mércores de 20.30 a 21.30 horas con data de comezo o próximo día 9. Terá un prezo de 15 euros para socios e de 20 para non socios.

Finalmente, tamén haberá clases de ioga todos os venres de 20.30 a 22.009 horas a cargo de Mari Seijas. Comezarán o 11 de novembro e o prezo é de 25 euros para socios e de 30 para non socios.

As inscricións poden realizarse con Almudena no teléfono 698 185 859 e con Suso no 692 022 623 ou mediante redes sociais. Será necesario un mínimo de 10 persoas para formar grupo.