Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Insua prepárase para unha nova edición da Tasca do Liño o 29

Por 21 Outubro, 2022Outubro 29th, 2022Sin comentarios

A Tasca do Liño continúa a súa tradición este ano para celebrar a que será a súa edición número XIV o 29 de outubro, organizada, coma sempre, pola Asociación de Mulleres Rurais San Bartolomé de Insua.

Ese sábado, o programa abrirá co pregón da escritora Marica Campo, ás 11.15 horas, á que acompañarán Corredores de Sombras co poema musicado A Tasca, de Emilia Martínez, gañadora do II Certame de Poesía.

Ás doce haberá un recital poético a cargo de Anxo Angueira, escritor e director da Fundación Rosalía de Castro.

O prato forte do día, a demostración da Tasca terá lugar ás 12.45 horas, que rematará coa actuación da Charanga de Vilalba, antes do xantar, do que se ocupará o Food Truck AleAlé.

Ás 16.00 horas arrancarán as sesións de tarde con xogos tradicionais a cargo de Xotramu e a entrega de premios dos certames e poesía e debuxo.

Continuará a programación cunha degustación de Cacho e tras unha nova demostración da Tasca do Liño, ás 18.00 horas, terá lugar a actuación da escola de baile tradicional OxeitO con Verbena galega d’antes.

A festa rematará co conxuro da queimada a cargo de Manuel Ferreiro.

Como vén sendo tradicional, durante a xornada haberá postos artesáns e varias mostras de artesanía en vivo, ademais dunha mostra de bonecas e corozas do Centro de Artesanía e Deseño e outra fotográfica da asociación e do Iescha.

Como complemento haberá degustación de galo de Mos e de cervexa artesá AleAlé ademais dunha demostración de pandeiros de Xaneco.