Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Aprazada para o día 5 a sesión de autocine en Vilalba

Por 28 Outubro, 2022Novembro 5th, 2022Sin comentarios

Aprazada para o sábado 5 de novembro, ás 20:30 horas, no Campo da  Feira de Vilalba, a proxección, en formato autocine, da película Vilamor, do director Ignacio Vilar. Tratáse dunha actividade organziada polo Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en  colaboración co Concello de Vilalba, acolléndose á unha  iniciativa do Xacobeo 21-22 e da produtora Vía Láctea Films.

Baseada en feitos reais, mentres a nave Enterprise comeza a súa viaxe espacial, as Mothers of May marchan por primeira vez en Bos Aires e Star Wars enche os cines de todo o mundo, nun lugar marabilloso e remoto de Galicia  (recén rematado pola ditadura franquista) o tempo detense e comeza un soño. 

Breixo, un mozo seminarista atópase cos habitantes dunha comuna próxima á súa aldea, ao outro lado do río. Breixo déixase seducir polo ideal dunha vida alternativa e axuda aos mozos e mozas a recuperar a aldea perdida de Vilamor. Sen propiedade privada, traballando a terra e en total comuñón coa natureza, o soño comeza a facerse realidade (a pesar dos constantes ataques das forzas vivas do lugar). 

Pero todo se complica cando Breixo se namora de Sonia. O amor libre non está feito para el. Nin drogas, nin ateísmo absoluto… Con moita tristeza marcha de Vilamor. 

Trinta e tres anos despois, convertido nun escritor de éxito e cos seus ideais enferruxados nalgún recuncho da súa memoria, Breixo regresa ao lugar onde viviu os mellores anos da súa vida.