Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Presentan en Vilalba o novo libro de Antón Baamonde

Por 26 Outubro, 2022Outubro 28th, 2022Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) organiza o acto de presentación do libro, editado por Galaxia Unha nova olanda. De Ferrol ao Porto: As cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global, do que é autor Antón Baamonde.

O acto terá lugar o venres, 28 de outubro de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

Trátase dun riguroso ensaio de xeografía humana, que polo seu interese xeral, terá axiña versión internacional, posto que trata un feito que o nacionalismo galego tradicionalmente desconsidera. Galicia é policéntrica: está integrada por cidades cada unha cunha identidade. Mas non só: no seu espazo natural, formado por 6,5 millóns de habitantes, “unha vez que a UE disolveu as fronteiras políticas, imponse a xeografía, a física e a humana: unha unidade de mercado con continuidades culturais e sociais. (…) di Xosé Carlos Morell.

Antón Baamonde, natural de Vilalba, é profesor de filosofía e ensaísta. Publicou o seu primeiro libro, A favor da esperanza, en 1987, ao que seguiron moitos outros. Está considerado como unha das voces máis orixinais e independentes da Galicia contemporánea.