Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

A veciñanza de Viveiro apoia á ILP sobre medidas para a atención primaria

Por 1 Novembro, 2022Sin comentarios

O BNG proseguíu na campaña de recollida de sinaturas en apoio á ILP sobre medidas urxentes para a Atención Primaria que promoven colectivos sociais  como SOS Sanidade Pública ou a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña. Desde o BNG de Viveiro procederon á recollida de sinaturas e tamén á divulgación desta iniciativa tan necesaria para mellorar a atención primaria e a sanidade pública en xeral e que precisa do apoio de toda a cidadanía localidade a localidade para que que chegue con forza ao Parlamento, porque  o malestar da poboación é xa un auténtico clamor con todo o que está acontecendo na atención primaria e nos centros de saúde da comarca e do país

A sanidade pública de todo o país está a pasar por un dos peores momentos con múltiples problemas tanto na atención hospitalaria, coma  na atención primaria. Como é sabido, as políticas sanitarias do Partido Popular levaron a esta situación que  se fai notar, e dun xeito moi acusado na nosa comarca, na Mariña e neste sentido a portavoz do BNG en Viveiro, Miriam Bermúdez manifestou que “o Bng  sempre está e estará na defensa dunha sanidade pública digna, dunha sanidade pública do século XXI e por eso esta iniciativa lexislativa que apoiamos tén que servir para frear as políticas contra a sanidade pública que está a levar adiante o PP”

Desde o BNG, recordaron tamén as situacións  sufridas semanas atrás  en Viveiro no centro de saúde, donde se chegaron a dar casos de dispoñer  só de dous médicos dos dez que  hai en plantilla.