Skip to main content
AlfozAxenda CaducadaO Valadouro

Os Fandangueiros de Alfoz e O Valadouro organizan a III Cea baile

Por 12 Novembro, 2022Sin comentarios

O vindeiro 3 de decembro a comparsa Os Fandangueiros de Alfoz e O Valadouro unha Cea baile que nesta ocasión será a terceira edición.

Así, convidad a todos os veciños a “pasar unha noite máxica” que comezará ás 21.30 horas no pavillón polideportivo de Alfoz.

A cea estará servida polo Cátering Chao da Breae constará dun menú a base de paella, costela asada, sobremesa, bebida, café e licores, todo por un prezo de 25 euros para adultos e para nenos de 5 a 9 anos serán 12 euros.

Tamén contarán co dico-móvil Conxuro para amenizar esta noite e ademáis terán sorteos e moitas sorpresas máis.

Para asistir será necesario anotarse contactando por teléfono antes do 30 de novembro con Laura, 679 566 111, ou Natalia 603 670 661.