Skip to main content
BurelaMar AMARIÑAXA

Burela clausurou a Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste

Por 9 Novembro, 2022Sin comentarios

Onte clausurouse en Burela (Lugo) unha nova edición da “Interfederativa de  Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, un evento que impulsa desde hai  anos a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo para reflexionar sobre  temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa situación actual e os principais retos  de futuro.

A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana; a secretaria xeral de Pesca do  Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz; o alcalde de Burela, Alfredo  Llano; e o presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo e da Federación  Nacional de Confrarías, José Basilio Otero, presidiron o acto de clausura do Congreso de  Pesca Artesanal do Cantábrico-Noroeste, no que presentaron un resumo das conclusións e  acordos alcanzados entre o sector pesqueiro e as administracións.

Previamente, este martes pola mañá levouse a cabo unha reunión de traballo conxunta  entre representantes das confrarías e das administracións pesqueiras, tanto de España  como das comunidades autónomas do cantábrico. Durante máis de tres horas os  representantes do sector expuxeron ás administracións as principais conclusións derivadas  da primeira xornada da Interfedrativa, que se celebrou o luns pola tarde.

En representación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz felicitou  á organización por celebrar este tipo de reunións, nas que se xeran debates moi importantes  para a mellora continua do sector. Segundo a secretaria xeral de pesca, na xornada matinal

deste martes tratáronse algunhas das preocupacións actuais do sector, que condicionan a  rendibilidade da pesca; así como outros temas que deben asegurar o futuro do mar, por  exemplo o relevo xeracional.

Pola súa banda, Rosa Quintana destacou o carácter das frotas galegas e do cantábrico, que  ante momentos de dificultade sempre se erguen cunha mirada optimista ao futuro. A  conselleira do Mar da Xunta de Galicia apoia tanto ao goberno como ao sector pesqueiro  nas súas reivindicacións fronte á Unión Europea, solicitando a suspensión temporal do  regulamento de execución aprobado pola Comisión Europea e que veta a pesca de fondo.

O presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo, José Basilio Otero, compartiu  as conclusións que se debateron na Interfederativa do luns e que se acababan de presentar  ás representantes da administración.

CONTACTO DE PRENSA

JOSÉ BASILIO OTERO: 667668128 / presidente@cofradiaslugo.com (Presidente Federación Provincial Cofradías Pescadores Lugo) 

COMUNICADO DE PRENSA 8 de noviembre de 2022

Este ano entre os principais temas tratados non podían faltar os espazos vulnerables  mariños, ademais do xurelo, as titulacións profesionais, a problemática coas tramitacións a  sede electrónica, o novo regulamento das OPPs ou a xestión do plan da anchoa.

O peche da clausura correu a cargo do alcalde de Burela, Alfredo Llano, que, ademais de  saudar e dar a benvida a Burela a todos os participantes, lembrou que “estamos todos no  mesmo barco” e que “nos enfrontamos a momentos dunha crise extraordinaria que temos  que solucionar entre todos”.

No encontro, que tivo lugar no Hotel Nordés o 7 e 8 de novembro, participaron  representantes das Federacións de Confrarías de Guipúzkoa, Bizkaia, Cantabria, Asturias,  Lugo, A Coruña e Pontevedra.

Durante a reunión Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste, celebrada na tarde  do luns, os representantes dos depósitos acordaron unha serie de temas que serviron como  documento de traballo na reunión que o martes pola mañá mantivo o sector pesqueiro  artesanal coas administracións central e autonómicas.

A xornada contou tamén coa asistencia da directora xeral de Pesca Sostible, Mª Isabel  Artime García; o director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Juan Ignacio  Gandarias Serrano; o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da  Xunta de Galicia, Antonio Basanta; o director xeral de Pesca Marítima do Principado de  Asturias, Francisco González Rodríguez; a directora de Pesca e Alimentación de Cantabria,  Marta Ana López López; e o director de Pesca e Acuicultura do País Vasco, Leandro Azcue  Múgica.

No acto de clausura uníronse os representantes das organizacións de pesca de Lugo,  Armadores de Burela, Porto de Celeiro, OPP-7 do Porto de Burela e OPP-77; e outras  entidades pesqueiras e económicas de ámbito local.