Skip to main content
Cervo

Cervo suma unha centenaria máis

Por 19 Novembro, 2022Sin comentarios

Cervo suma unha centenaria máis a súa lista de persoas lonxevas do municipio. Así, Dosinda Eijo Quelle, usuaria do Centro de Día Residencia, vén de cumprir 100 anos.

O rexedor cervense, Alfonso Villares, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, achegáronse ata o centro para amosarlle o seu cariño e facerlles entrega dun ramo de flores. Ademas compartiron uns intres con ela e coa súa familia.