Skip to main content
Foz

Esta semana estanse a levar a cabo diferentes obras de mellora en Foz

Por 9 Novembro, 2022Novembro 10th, 2022Sin comentarios

Esta semana estanse a levar a cabo diferentes obras de mellora e mantemento na vila focega. Segundo o alcalde, o socialista Fran Cajato, “están co aglomerado da capa de rodadura da rúa Costa do Castro e rúa Fiallega e a precolocación de bancos e papeleiras en Costa do Castro”.

“O convenio coa Deputación de Lugo permitiu que os veciños de Foz gocen de máis seguridade nun vial cada vez máis empregado e que conecta tamén o barrio de Marzán co centro urbano. O estado desta rúa, con bloques de vivendas e sen unha senda segura para o acceso peonil ao cemiterio, é intolerable. Imos converter un camiño urbano nunha rúa ben definida, con beirarrúas de máis de 2 metros de anchura, con novo alumeado público e cos servizos renovados”, dixo Cajoto no comezo das obras.

Así mesmo estase a formigonar e pechar con malla a nova pista multideporte do Cantel situada na rúa Pintor Laxeiro, tamén estanse a levar a cabo tarefas de limpeza das marxes no camiño na Folgosa en Santa Cilla, arranxáronse as baldosas nas beirarrúas de Cangas e Vilaronte, colocouse unha sinal tirada na Illa Nova e fíxose o desbroce nos Castros en Cangas.