Skip to main content
Ribadeo

O pavillón da avenida de Luarca, en Ribadeo, conta cun novo marcador

Por 4 Novembro, 2022Sin comentarios

O pavillón da avenida de Luarca conta cun novo marcador de grandes dimensións e de tecnoloxía led. O investimento ascendeu a 31.500 euros. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, subliña que esta mellora apoiará e axudará ao desenrolo do deporte en Ribadeo. 

O edil ribadense contou que “xa leva instalado e funcionando un novo marcador no pavillón da Avenida de Luarca. Era unha guinda que lle faltaba a esta instalación punteira tanto na Mariña, como na provincia ou no país. Incluso me atrevo a dicir que pode competir con calquera do estado”.

Díaz Freije subliñou que “é un marcador de grandes dimensións, con pantalla led de última xeración. O orzamento foi de 31.500 euros, 24.000 foron postos pola Xunta de Galicia, a través do Servizo de Deportes, e desde Ribadeo estimamos e agradecemos este esforzo. E o Concello de Ribadeo puxo os 7.500 euros restantes”.

O concelleiro de Deportes engadiu: “esperemos que así  todas estas actividades deportivas que se fan como por exemplo ximnasia rítmica, baloncesto, tenis de mesa, artes marciais, etc, lles serva de apoio. Isto tamén pode posibilitar a celebración doutro tipo de eventos para que Ribadeo saque o maior froito desta instalación e deste elemento que ven apoiar e axudar ao desenrolo do deporte no noso concello”.