Skip to main content
Trabada

Aberto o prazo de inscrición ás clases de baile de salón de Trabada

Por 6 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas que está aberto o prazo de inscrición ás clases de baile de salón.

As clases serán os venres de 21.30 a 23.00, no polideportivo municipal de Sante. O prezo por persoa é de 20 euros mensuais. As inscricións poden tramitarse por teléfono no 982 135 011.

A iniciativa está organizada polo Concello de Trabada e as clases están impartidas por Hover Cross.