Skip to main content
O Valadouro

Aberto o prazo para inscribirse nas actividades de adultas do Valadouro

Por 4 Novembro, 2022Sin comentarios

Dende o o 1 de novembro está aberto o prazo para inscribirse nas actividades para persoas adultas do Concello do Valadouro.

A duración das actividades está prevista dende o 7 de novembro ao 26 de maio do 2023 e os horarios poden verse modificados en función da dispoñibilidade de monitores e para garantir o bo funcionamento das mesmas.

As actividades ofertadas son ximnasia de mantemento, en Ferreira os luns e mércores de 10.00 a 11.00, ximnasia de mantemento no Cadramón os martes de 18.45 a 19.45, ioga os mércores de 18.00 a 19.00, taller de memoria os martes e venres de 17.30 a 18.30 e uso de novas tecnoloxías e trámites nas administracións os xoves de 17.00 a 18.30.

Para levar a cabo unha actividade será imprescindible un mínimo de 8 persoas inscritas na mesma. O lugar e horario de desenvolvemento indicarase na resolución na que se indique a listaxe de persoas admitidas

No caso de ser preciso, crearanse 2 quendas de participación, correspondendo a cada unha a metade dos meses nos cales se desenvolva a actividade.

As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público de 9.00 a 14.30 e tamén poderán presentar as solicitudes na Sede Electrónica a través do trámite Instancia Xeral.