Skip to main content
O Valadouro

A oposición do Valadouro acusa ao Goberno local de “inflar as partidas”

Por 11 Novembro, 2022Sin comentarios

A oposición do Concello do Valadouro, conformada polos Concelleiros do Partido Popular, Udival e Concelleira non adscrita, veñen de comunicar a súa postura en contra dos expedientes de suplemento de crédito presentados pola Alcaldía e que foron tratados no pasado Pleno do día 3 de novembro.

“En primeiro lugar, nas reunións mantidas cos portavoces, non se nos deu unha información clara de para qué necesitaban ahora tantos cartos. Por parte do alcalde xustifícase a necesidade de ampliar algunhas partidas con mentiras, como é habitual nel. Despois de dúas horas de reunión seguimos sen poder comprender as explicacións que nos dan, polo que chegamos a un principio de acordo, xa que se non fose así estariamos alí ata a noite sen ter as contas claras”, din no seu comunicado conxunto.

“Ó día seguinte recibimos unha convocatoria dun Pleno extraordinario e urxente para tratar estes suplementos, cando ós poucos días celebrariase o Pleno ordinario, supoñemos que sería para que non nos dera tempo a estudialos máis, porque senón non ten sentido”, engaden.

“A nosa postura no Pleno foi voto en contra destes suplementos tal e como están confeccionados, porque non nos podemos fiar desas contas, estando sempre a favor de aumentar a partida para a suba dos funcionarios, o persoal do Concello ten que cobrar o que lle corresponde por Lei, non pode ser doutra maneira, o que non é admisible é que inflen esta partida para contar despois con máis cartos, as contas teñen que estar claras”, di a oposición.

“Igual pasa coa partida do servizo de dependencia (SAF), servizo moi importante e necesario para moitas familias, pero igualmente inflan a partida, ó noso entender a cantidade que propoñen aumentar non é real, polo que propuxemos se nos presente un suplemento para os gastos do persoal e servizo de dependencia cos importes reais que se necesitan para rematar o exercicio”, engaden.

Din que “o resto das partidas incluídas nestes suplementos poderían telas xa cubertas antes de chegar a este momento con transferencias doutra partidas ou coa incorporación de remanentes que fixeron no mes de xuño, pero prefiriron deixar todo para o último trimestre porque despois poden incorporar estes importes ó presuposto de 2023”.

No que respecta á proposta feita polo Concelleiro de Deportes, incluída nun suplemento por importe de 1.500 euros para uns investimentos no campo de fútbol, “teñen unha subvención xa dende o ano pasado, e que dí que pola nosa culpa non se vai poder levar a cabo, decirlle ó Concelleiro que se entere ben, que a partida de Deportes, vincula con Educación e Cultura, e que de calquera dunha destas partidas se podería ter sacado esa cantidade seguramente sen problema ningún, como por exemplo da partida de Cultura para feiras e festas, da que se están a gastar cartos sen moito sentido”.